¿Qué fixo Orozco polas Gándaras en 12 anos? - Userlinux.net

Acabo de chegar do cine e atopeime cun cartel no buzón que me gustaría reproducir integramente para ver si obtemos unha resposta do Alcalde ou seguemos a enchernos da paciencia que nos pide sempre que falamos con él: O 90% das rúas do noso barrio están sen aceras. Pensade na…

¿Qué fixo Orozco polas Gándaras en 12 anos?

28.Feb.2011 ~ 13 Comentarios ~ 1500 Lecturas

Acabo de chegar do cine e atopeime cun cartel no buzón que me gustaría reproducir integramente para ver si obtemos unha resposta do Alcalde ou seguemos a enchernos da paciencia que nos pide sempre que falamos con él:

  • O 90% das rúas do noso barrio están sen aceras. Pensade na rúa do Galo, nos aredores do Colexio ou incluso na Calzada das Gándaras. Durante os seus 12 anos, Orozco foi incapaz ata de acondicionar a principal rúa do barrio. Só actuou na metade de Monte Adairo: as outras 23 rúas nin as tocou.
  • Nin unha soa obra de saneamento.
  • Falta de iluminación.
  • Para Orozco os das Gándaras somos veciños e veciñas de terceira. ¿Por qué nos fai pagar as Inspeccións Técnicas de Edificios (ITEs) mentres llas regalou aos do centro? ¿Por qué non temos vixiancia policial para controlar a velocidade dos coches?.
  • Inversión en 12 anos nas Gándaras = 394.791€ (Monte adairo + Calzada das Gándaras).
  • Ó barrio só chegou o 0.035% do total do orzamento que tivo Orozco en 12 anos (1.100 millóns de €).
  • PRECISAMOS SOLUCIÓNS NOVAS A PROBLEMAS VELLOS.

Tería que documentarme para comprobar a certeza da información, e imaxino que sendo verdade non haberá moito que facer, porque visto o que levamos loitado por unha merda de badéns entre as rotondas da Ponte Romai...

Presumimos de alcalde 2.0 pero si eso significa abrir unha conta de Twitter, outra de Facebook, 4square ou Formspring para alardear de actos ou pedir paciencia ós cidadáns, eu prefiro un alcalde 1.0 que se preocupe do que pasa no meu barrio de forma activa. A elección é ben sinxela: #nolesvotes. En pouco menos de 3 meses teremos a resposta.

PD: Síntoo señor Orozco, xa me cansei de esperar. Inda que supoño que nunca chegará a ler esta anotación porque non entrará en ningunha das súas canles -as antes mencionadas-, creo que Internet é moito máis que iso pero ás veces a tecnoloxía vai por riba de todos nós.

PD2: Orozco quere aclarar que a información verquida no panfleto é falsa así que paréceme xusto ter as dúas versións publicadas, adxunto o listado de actuacións nas Gándaras durante o seu mandato:

  • Creación dun Campo de fútbol con herba artificial e mellora do peche do campo (entre 2009 e 2011). Presuposto 460.000 euros
  • O Barrio das Gándaras é un dos que saiu máis beneficiado na creación de liñas de autobús para o HULA. De feito un dos buses especiais pasa polo barrio cada 40 minutos en dirección ao Hospital.
  • No 2010 creouse un parque infantil, 
  • Unha parcela de uso comercial pasouse a zona verde e creouse un parque
  • Na zona verde que había instalouse unha zona de xogos, rego por aspersión e unha zona deportiva.
  • Actividades de limpeza e mantemento (desbroces, xardineria..).
  • Tamén se fixeron obras en rúas por un importe de 815.602,36 euros (Case un millón de euros):
  • Rúa Venancio Senra: beirarrúas
  • Rúa San Xosé: aumento alumeado
  • Calzada das Gándaras: beirarrúas
  • Rúa Bolboreta: repavimentación
  • Rúa Tras do Colexio: repavimentación
  • Rúa Toledo: repavimentación
  • Pia Páxaro: Renovación do pozo de rexistro
  • Calzada das Gándaras-Ronda Norte (polo Campo de fútbol): rexeneración de firmes e pavimentos
  • Residencia 3º idade-ronda Norte: repavimentación
  • Camiño de Romay: rego automático
  • Rúa do Pombo: pavimentos y servicios
  • Monte Adairo: Urbanización de la calle Monte Adairo (Fase I)
Categorías: personal
Tags: lugo politica

Comentarios


gravatar
28.Feb.2011
Perdona que no me dirija a ti en gallego. La verdad es que tienes todo el derecho a quejarte de nuestro "querido" Alcalde. Yo vivo en el Sagrado Corazón en donde si nos han puesto alumbrado, aceras nuevas, ascensores en casas, etc...pero ¿para qué? para quedar bien. En nuestra acera, la del lado de la libreria hicieron la mayor chapuza del mundo (los días que llueve nuestro portal se inunda, lo mismo que los días que viene el camión de la limpieza con la manguera), se le dijo el día que vino a hacer la "inauguración" y lo único que respondió fue: Aquí estamos para celebrar, no para discutir. El tema de la chapuza del aparcamiento en el barrio no vamos a hablar porque eso aun es peor, si antes había problemas, ahora ni te cuento.

Sobre el barrio de las Gandaras sois los marginados. Teneis una de las calles con mas transito de coches, mal iluminada, sin aceras,... y os pide paciencia. Yo tengo claro mi voto para las próximas elecciones.

Sobre lo del Alcalde 2.0 mejor no me meto, porque desde que se censuran comentarios en su blog cuando la gente le critica de manera respetuosa, he dejado de seguirlo.

Un saludo de un follower

gravatar
28.Feb.2011
Hola Óscar,

No barrio das Gándaras fixemos todo aquelo que nos permitiu o desenvolvemento urbano do Plan do 91. Estaba moi limitada calquera mellora da zona, e o novo Plan Xeral xa contempla un desenvolvemento e modernización deste barrio. Ata o de agora tivemos que limitarnos a melloras cativas de algunhas rúas, pero continuaremos traballando pola zona en Monte Adairo e Pico Sacro, con saneamento na rúa Toledo...
 
O que considero inxusto das túas críticas é que non teñas en conta o esforzo que fixemos polo desenvolvemento do Parque Empresarial das Gándaras. Foi este Concello o que negociou co Ministerio de Defensa a compra de 1.400.000 metros cadrados deste barrio para transformar nun Parque Empresarial. Foi este Concello (e todos os lucenses) o que pagou 10 euros por cada metro cadrado e foi este Concello o que lle vendeu á Xunta de Galicia o 1.400.000 metros cadrados a 10 euros por cada metro cadrado non ganando nin un só euro na operación.
 
A posta en marcha deste parque, un luxo auténtico, dará sen dúbida un importante valor á zona, zona que eu nunca esquecín, pero que nin estaba presente nos Plan Urbanísticos anteriores.
 
Non é certo o que contan na información da que falas, nas Gándaras, só en obras nas rúas, investimos en 8 anos 815.602,36 euros (incluíndo beirarrúas, alumeado, repavimentación, rego automático, rexeneración de firmes...). Se precisas unha lista coas obras, non teño ningún problema en facilitarcha. Pero, tendo en conta o espíritu crítico e independente que te caracteriza, non entendo porque decides fiarte de todas as informacións que che chegan (non sei se identificadas ou anónimas), tendo en conta a época do ano na que nos atopamos, preto dunhas eleccións municipais, e a enorme cantidade de información falsa que hai xente que se empeña en transmitir
 
Tampouco me parece lóxico esquecer outros desenvolevementos próximos que van afectar moi positivamente ao barrio, como é o Plan Paradai, o proxecto da Estación intermodal...
 
Aínda así non esquecemos as Gándaras e penso que os veciños son conscientes de todo iso.
 
A verdade, respondendo á túa crítica de alcalde 2.0, é que non teño moito tempo no meu día a día para respostar a toda a xente que me segue nas redes sociais, pero saco tempo de onde poido para non fallarlles e cumprir o compromiso que asumin cando abrin o meu facebook, twitter... De feito, acabo de rematar unha entrevista de radio e xa me puxen a contestarche.
 
O que si che pido é que se tes dúbidas sobre algún tema que penses que eu debo aclararche, aquí me tes coma o resto dos veciños e veciñas de Lugo.

gravatar
28.Feb.2011
Bueno, como diría Jack... imos por partes:

@Sahib: No tienes que pedir disculpas por el idioma a usar, aquí todos somos libres de escribir y expresar nuestras ideas. Bienvenido a este blog y muchas gracias por el comentario.

@jlopezorozco: Bos días Sr. Orozco. O primeiro de todo quería agradecerlle o seu tempo e a sua extensa resposta, a verdade é que non a esperaba. Tentarei non defraudalo na miña réplica.

Cecáis dende o punto de vista do cidadán de a pé, os que todos os días nos cruzamos na rúa, os que tomamos café no bar da esquina... non somos capaces de ver máis aló do que nos toca (saneamentos, luz, pavimentación, accesos) e non nos decatamos das investimentas feitas en Parques Empresariais, senón en parques para os nosos cativos. E posible que en ese aspecto a miña crítica sexa inxusta.

Teño que dicir que o panfleto que atopei no buzón non ven firmado, o único selo de autenticidade que trae dicta algo así como "Noticiario As Gándaras Febreiro 2011", como dixen na anotación, tería que comprobar a autenticidade da información pero se vostede me pode enviar unha listaxe de envestimentos non teño ningún problema en publicala do mesmo xeito neste blog. ¡Qué mellor maneira de facelo que informando ós veciños!.

En canto á queixa que me afecta directamente como veciño do barrio e que tentei de facerlle chegar activamente (o dos badéns): intercambiei varios correos cunha persoa do Concello de Lugo para a colocación dos mesmos. Ofrecinme persoalmente para explicar o problema ós técnicos ou encargados de tomar as decisións axeitadas, pero dende o último correo (27 de xaneiro) non volvimos a ter novas. Dende entón xa houbo un par de incidentes máis na rotonda (sen contar os múltiples trompos de cada día, noite e madrugada).

É posible que sexa este feito aislado o que me leva a utilizar un tono pouco adecuado en min, e pídolle desculpas de antemán. Tamén teño claro que dialogando distendidamente con un café entre mans nunca se chegaría a esto.

Por outro lado considero que soupo encaixar ben as "críticas 2.0", bo exemplo é o seu anterior comentario neste blog. Como ben sabe, en Lugo somos varios bloggers (poucos pero bueno, seguro que eso cambia co tempo), e gustaríanos máis leer as súas opinións ademáis de no seu Twiter, Blog, Formspring... tamén na nosa "casa virtual".

Así que -e para finalizar-, aquí ten un blog no que comentar sempre que guste, un veciño que se preocupa por -sobre todo- a seguridade vial da zona, e unha persoa máis que segue a pensar na hiperlocalidade da Rede como xeito e canle máis acertada de resolución de problemas.

gravatar
28.Feb.2011
Paréceme xusto publicar o panfleto que atopei no portal, así que subin 3 fotos do mesmo a Picasa. Os enlaces son os seguintes:

- https://picasaweb.google.com/lh/photo/th6kL_FVEj_cr5HMgSYU-RuwBWzo6qD-KaTWdXNVo3U?feat=directlink

- https://picasaweb.google.com/lh/photo/x9jbRUa-ZI-qwqgdj82H0huwBWzo6qD-KaTWdXNVo3U?feat=directlink

- https://picasaweb.google.com/lh/photo/lMXxwKcqgHCLVUMI7VLb3huwBWzo6qD-KaTWdXNVo3U?feat=directlink

Como tamén me parece xusto publicar toda a información que o Sr. Orozco teña a ben compartir con todos nós.

gravatar
Anon
28.Feb.2011
Pues críticas no le faltan al alcalde. Últimamente sólo leo y oigo problemas por todos lados.

No voy a hacer ninguna crítica ni mucho menos (yo no creo que lo hiciese mucho mejor) con respecto a construcciones, planes...

Como comentario decir que un presente deja de votar a los de siempre, y lo hago por un tema que me toca más de cerca, y por el que me hierve un poco la sangre de vez en cuando.

Software Libre, así de sencillo.

Me escandaliza que toque a quien le toque siempre acaben poniendo un sistema operativo cerrado, oscuro y apestoso por la nulidad de aprendizaje de ciertos personajes, o la eterna excusa de la titánica tarea del paso a cualquier otra solución.

Incluso en temas más sencillos como la creación de un simple pdf, dónde hay alternativas a miles(gscan2pdf, exportación desde openoffice/libreoffice, pdfedit,Scribus...) se pagan 139€ or una licencia para el maravilloso ABBYY FineReader 8.0 Professional Edition, con el que ni tan siquiera se borran los metadatos p.ej:http://www.lugo.es/ws/documentos/pxom/pxom_01.pdf.

Y así con casi todo, si no se piratea cual crío pajillero se paga por un software para hacer 2 tonterías y mal hechas.

Excuso de estas aclaraciones al señor Marcial Rodriguez Toajas, que aparenta usar writer, como deberían hacer muchos otros:http://www.lugo.es/ws/documentos/pxom/pPXOM_Inf_Plan_Xeral_2010.pdf.

En tema de sistemas operativos ya ni hablo, no se cuales son las competencias del señor alcalde, pero en el único sitio que he visto un sistema gratuito y "libre"(+ o -) es en la biblioteca nodal, y me parece un poco escandaloso ver como por ejemplo el inem usa su maravilloso windows 98, con IE ¿5?¿7?, a saber. Me parece bastante vergonzoso, aunque como ya digo, no sé si ello le compete, así que no es una crítica.

Idem el rexistro xeral, en el que toooodos disfrutan de su xp, espero que por lo menos original.

Me pregunto el gasto enorme que se realiza cada año en estas payasadas, entre programitas, sistemas operativos, el formateo de turno, etc,etc,etc...

Esa es parte de mi critica y queja, y el motivo por el que pruebo a otros, entre otros muchos(p.ej:nolesvotes).

Saludos.

gravatar
Anon
28.Feb.2011
Por cierto si no sabeis/dais visto los metadatos de los pdf:http://www.informatica64.com/foca/default.aspx

Irónicamente oí hablar de esta herramienta a un lucense que marchaba a trabajar a Microsoft.

gravatar
28.Feb.2011
@Anon: O do Software Libre penso que é unha batalla moi complexa. Supoño que vai envolto en montón de intereses que nin chego -nin quero- imaxinar. Dende fai algún tempo decidín non "evanxelizar" máis neste asunto.

Eu son un felíz usuario de Software Libre, e como sabes procuro publicar tips e axudas sobre o tema no blog, pero de ahí a facerme "padriño" de alguén hai un abismo. ¡Imaxina toda unha administración!.

Inda con todo iso douche a razón en que os políticos deberían de, polo menos, informarse do que suporía polo menos en canto a aforro de licencias, apostar polo pingüino.

gravatar
Anon
01.Mar.2011
Bueno, quizás he evangelizado de más, yo mismo uso Windows por necesidad(Visual Studio,SqlServer,...), eso sí, original.

No es la primera vez que veo un documento de un centro dependiente de la Xunta hecho con Windows UE 7, cuando supuestamente están usando fondos para pagar por el original. Habría que saber a dónde van a parar esos fondos.

Me puedo imaginar toda la Administración y todo el país si hace falta.
Aquí hace falta menos intrusismo laboral y más seriedad.
Si se tuvieran los esquemas relacionales de las bases de datos, los análisis de requisitos, las planificaciones de los proyectos y gente bien pagada y cualificada (el mundo perfecto) no sería imposible, pero como en España reina la programación extrema, el trabajo individual y las "contrataciones" maravillosas así va todo.
Si miramos a Brasil o a Londres el temita de la enorme administración y la titánica tarea de cambio se va un poco a tomar por...

Encima los países a los que aparenta que esta crisis les ha afectado menos.

Ya no digamos el planazo de la educación 2.0....

Pero bueno, yo no defiendo ni me mato por gnu/linux, defiendo y me mato porque mi dinero se tire en tonterías habiéndo otras opciones, y encima se endeuden temporal y monetariamente.

Tarde o temprano saldrá una nueva versión sin compatibilidad hacia atrás y ahí se quedarán estos comiéndose los mocos(veáse inem), o pagándo una burrada por dos gilipolleces que sólo pueden disfrutar ellos, obligando a pagar también a los ciudadanos por sus memeces.

Digo yo que será mejor gastar en lo que sería "I+D", en tecnología, en desarrolladores españoles, que pagar a una multinacional y a disfrutar de todo ya hecho.

Coincido contigo en que la batalla es muy complicada, aunque no debiera ni existir batalla.
Si yo puedo hacerlo debiera poder todo el planeta.
Si dos países pueden debieran poder todos.

Bueno , que te lo pases bien en la EcommRetail, y no me hagas mucho caso. No tengo demasiada experiencia ni conocimientos pero me huele de lejos que algo de razón tengo.

gravatar
01.Mar.2011
Hola Oscar:
 
Tal e como quedei pásoche algunhas das obras que levamos a cabo no barrio das Gándaras. Non están todas, pero non quería deixalo pasar moito tempo. Estou a piques de entrar nunha reunión, pero se tes algunha dúbida contéstoche en canto acabe.
 
 Algunhas actuacións nas Gándaras:
 
Creación dun Campo de fútbol con herba artificial e mellora do peche do campo (entre 2009 e 2011). Presuposto 460.000 euros 
  
 O Barrio das Gándaras é un dos que saiu máis beneficiado na creación de liñas de autobús para o HULA. De feito un dos buses especiais pasa polo barrio cada 40 minutos en dirección ao Hospital. 
 
No 2010 creouse un parque infantil,  
Unha parcela de uso comercial pasouse a zona verde e creouse un parque 
Na zona verde que había instalouse unha zona de xogos, rego por aspersión e unha zona deportiva 
 Actividades de limpeza e mantemento (desbroces, xardineria..) ´
Ta´mén se fixeron obras en rúas por un importe de 815.602,36 euros (Case un millón de euros):
Rúa Venancio Senra: beirarrúas
Rúa San Xosé: aumento alumeado
Calzada das Gándaras: beirarrúas
Rúa Bolboreta: repavimentación 
Rúa Tras do Colexio: repavimentación
Rúa Toledo: repavimentación
Pia Páxaro: Renovación do pozo de rexistro
Calzada das Gándaras-Ronda Norte (polo Campo de fútbol): rexeneración de firmes e pavimentos
Residencia 3º idade-ronda Norte: repavimentación
Camiño de Romay: rego automático
Rúa do Pombo: pavimentos y servicios
Monte Adairo: Urbanización de la calle Monte Adairo (Fase I)
 
Como xa sabes Oscar, é unha zona na que non hai solo público polo que é moi difícil levar a cabo obras municipais.  Esta situación cambia no novo plan que xa contempla un maior desenvolvemento do barrio. Espero que actualices a información na tua entrada. Graciñas. En breve falamos...

gravatar
01.Mar.2011
@anon: grande tio, eres muy grande, primero ni siquieras dejas un nombre/nick o una url por la que se te pueda reconocer, luego rajas y al final:

"Bueno, quizás he evangelizado de más, yo mismo uso Windows por necesidad(Visual Studio,SqlServer,...), eso sí, original."

O sea que te parece mal que las administraciones publicas usen software privativo pero tu programas sobre y para software privativo... no me parece demasiado "consecuente".

Las cosas se cambian "cambiandolas" no rajando por que otros no las cambien.

gravatar
Anon
01.Mar.2011
["primero ni siquieras dejas un nombre/nick o una url por la que se te pueda reconocer, luego rajas"]

He dejado un email, para el admin/creador del sitio a ti no te tengo que dar ni decir nada.
El nick igual no lo sabes leer.
Lo que he dicho lo mantengo.
Describo, no rajo machote. Vete al inem o al registro general y me cuentas, sigue los enlaces mira los metadatos y me cuentas.
Rajar es cuando no sabes lo que dices, como tú, y te pones a despotricar.
La realidad me dá la razón, a ti no.

["O sea que te parece mal que las administraciones publicas usen software privativo pero tu programas sobre y para software privativo... no me parece demasiado "consecuente"."]

Obviamente las administraciones públicas usan dinero público, yo no tengo que dar ningún ejemplo, ellas sí.
Programo para lo que necesito, incluído software libre. Aprendo un poco de todo, hay que tener un cierto criterio para hablar.
Como ya he dicho todo original y con licencia.
No soy tan gilipollas como para no querer ni pagar ni usar la alternativa gratuíta.

["Las cosas se cambian "cambiandolas" no rajando por que otros no las cambien."]

Yo no trabajo en la administración pública y uso Gnu/Linux a diario. Uso lo que necesito cuando lo necesito.
No va a cambiar nada en la adm. pública por mi cambio, de todas formas he promovido el software libre más de lo que tú te puedas pensar, o sea que el temita de cambia tú primero te lo guardas.

["grande tio, eres muy grande,"]
El tonito que usas te lo guardas para quien te lo consienta.
Aprende a acentuar y a escribir. Digas lo que digas tengo cierta educación así que si quieres sigue despotricando con las paredes.

gravatar
03.Mar.2011
Precisamente me venia ahora fijando en que han "parcheado" entre ayer y antes de ayer, los baches de la calle que baja desde la calle que pasa por delante del colegio de las Gandaras hasta la rotonda, aunque no es suficiente, puede bastar por ahora, durante mas o menos dos dias, hasta que llueva, y pase un urbano leñao por alli abajo y frene... Tambien decir que la calle que pasa por delante del colegio de las gandaras, parece un circuito de carcross, al menos si retiran la señal de "cuidado niños" y el limite de velocidad, podemos disfrutar los lucenses de este magnifico deporte.
La calle que va desde la rotonda hasta la calzada de las gandaras por la parte de abajo, creo que tiene pocos años, unos 10 mas o menos, creo que fue pavimentada por "Chapuzas S.L.). Es una falta de respeto, es como si te estubieran zarandeando el coche de lado a lado.
La zona oeste de la residencia de la tercera edad, otro tanto como la calle de delante del colegio, parece un campo de minas reventadas, al menos, haber si de algun agujero de esos sale petroleo...

Con respecto a la discusion del software libre...opino que se podrian ahorrar muchos costes con la inclusion de software libre en las administraciones publicas. El proyecto Galinux ha perdido fuerza, es que ni lo actualizan.
Lo que pasa es que si se usa software libre, no podrian llenarse los bolsillos con dinero dirigido a la compra de licencias y despues meter todo pirata.
Yo puedo dar fe de un instituto de Lugo, donde el sistema operativo Windows es original porque proviene de la Microsoft Academic Alliance, sin embargo, la licencia de Microsoft Office es completamente pirata.

Comentarios


Los comentarios están cerrados: los comentarios se cierran automáticamente una vez pasados 15 días. Si quieres comentar algo acerca de la anotación, puedes hacerlo por e-mail.

Buscar

Cargando...

Últimos comentarios

  • graffic
  • reidrac
  • reidrac
  • Wu
  • dilam
  • r0sk
  • reidrac
  • r0sk
  • chucu
  • r0sk
  • el_palomo_programador
  • r0sk
  • reidrac
  • Player 1
  • r0sk

Moneting

Valor de mi cuenta de Facebook según Moneting
Valor de mi cuenta de Twitter según Moneting

Tagcloud

ubuntu champions humor frases programación conciertos vacaciones rsidenotes userlinux opinion league mysql twitter macosx blog barça alemania_2006 films ssh mundial deportes hack bash cumpleaños openbsd 2007 blogsfera twitt ps3 mac bsd nintendo python iphone debian juegos rfilms django canción apple cake felicidades futbol bake games linux web personal lucux 2008 sysadmin meme sidenotes ds cakephp lugo freebsd blogs seguridad php

Archivo

Social

Enlaces de interés