Un libro, un toxo
O vindeiro 17 de Maio celébrase en toda Galicia (para min sempre foi Galicia e seguirao sendo por moito que digan os que saben) o Día das Letras Galegas. Neste día é costume rendir homenaxe a un escritor da terra.
Entérome vía Manuls e os seus comentarios que a CiberIrmandade da Fala promove unha campaña semellante á de Cataluña o día de Sant Jordi: Un libro, un toxo.
Supoño que calquera capaz de ler esta nota sen usar ningún traductor saberá o que é un toxo, planta tradicional galega. Paréceme un moi bo xeito de espallar cultura entre o noso pobo.
¡Qué mellor día para celebrar cultura, tradición e natureza que o da final da Champions!